Marcelino Agís faise co Premio Concepción Arenal de Humanidades

O seu traballo Anatomía del pensar valeulle os 12.000 euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O Concello de Ferrol acolleu onte a presentación do fallo do Premio Concepción Arenal de Humanidades. O profesor de filosofía Marcelino Agís Villaverde fíxose co galardón nesta edición polo seu traballo Anatomía del pensar. El discurso filosófico y su interpretación, que o xurado seleccionou entre as vinte e cinco obras que se presentaron ao certame. A Universidade da Coruña e Concello de Ferrol convocan de xeito bienal este galardón, dotado con 12.000 euros. No acto tamén se deu a coñecer o gañador do premio Suárez Llanos, que recoñeceu o traballo "Software para el análisis computacional del diseño de sistemas de fondeo en buques de gran tamaño", asinado por Daniel Dopico Dopico.

O xurado do premio Concepción Arenal, que tomou a decisión por unanimidade, estaba composto por Wenceslao J. González Fernández, María José Arroja Baliña, Juan Arana Cañedo-Argüelles, José Luis Piñuel Raigada e Ramón J. Noguerol Gómez, ademais dun representante do Concello de Ferrol.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concepción Arenal, Anatomía, Concello de Ferrol, Marcelino Agís Villaverde...