Marcelino Agís faise co Premio Manuel Murguía de Ensaio

A Deputación da Coruña recoñeceu a súa Historia do pensamento galego contemporáneo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A X edición do Premio Manuel Murguía de Ensaio que convoca a Deputación da Coruña foi para o filósofo Marcelino Agís. O xurado recoñeceu o seu traballo Historia do pensamento galego contemporáneo, na que fai "un percorrido ameno, preciso e ben documentado polos distintos movementos filosóficos da contemporaneidade así como das principais figuras do pensamento filosófico galego". O galardón reportaralle a Agís 6.500 euros en metálico e mais a edición da obra pola Deputación da Coruña. O xurado estaba composto por Rosario Sarmiento, Purificación Galán Boutureira e Gonzalo de la Huerga Fidalgo, con Elisardo López Varela como comisario.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Manuel Murguía, Ensaio, Rosario Sarmiento

Claves

Conceptos