Morre Fernando Acuña Castroviejo

Foi catedrático de Prehistoria da USC

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O profesor Fernando Acuña Castroviejo morreu esta noite. Falar de Fernando Acuña Castroviejo é falar dos inicios da arqueoloxía profesional en Galicia. Vínculo entre xeracións de prehistoriadores, xubilouse recentemente sendo catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago. Na actualidade, entre outros nomeamentos, era vicepresidente do Museo do Pobo Galego e membro da Real Academia de Belas Artes. A especialidade de Fernando Acuña Castroviejo era a época romana, da que escribiu numerosos artigos e contribucións sobre mosaicos, epigrafías e hábitats. Nacera en Santiago de Compostela en 1945.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, USC, Belas Artes, Arqueoloxía...