O botánico galego Santiago Castroviejo toma posesión hoxe da súa cadeira na Academia de Ciencias Exactas

Castroviejo en posesión

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Santiago Castroviejo, especialista en taxonomía e plantas vasculares do Centro Superior de Investigacións Científicas, toma posesión hoxe coma membro de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. O científico, nado en Moaña, pronunciará un discurso titulado "De familias, xéneros e especies. A eterna busca da estabilidade na clasificación biolóxica". Alén de ter desempeñado o cargo de director do Real Xardín Botánico de Madrid, Castroviejo dirixiu dezanove teses doutorais e publicou máis de cento cincuenta traballos ao longo da súa carreira.

Máis información Vieiros

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Moaña, Madrid

Claves

Entidades
Lugares