Dina Salústio e Almudena Grandes levan os premios Rosalía de Castro

O Centro Pen Galicia tamén galardoou a Álex Susanna e a Marisun Landa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os Premios Rosalía de Castro, cos que o Centro Pen Galicia recoñece o traballo de escritores nas distintas linguas da Península, xa teñen gañadores na súa nova edición. A organización daba a coñecer o pasado sábado os galardoados deste ano, que foron a caboverdiana Dina Salústio en lengua portuguesa; a madrileña Almudena Grandes en español; o barcelonés Álex Susanna en catalán; e a guipuscoana Marisun Landa en euskera. A entrega destes galardóns, que non teñen dotacións económica, celebrarase o vindeiro 1 de outubro na Cidade da Cultura no marco do Congreso Internacional del Pen que se celebrará en Ourense entre o 26 de setembro e o 2 de outubro.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Escritores, Ourense, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...