O Pen Galicia concede os seus premios Rosalía de Castro

É a décimo segunda edición dos galardóns

2/3/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Centro Pen Galicia anunciou onte os escritores galardoados na décimo segunda edición dos premios Rosalía de Castro, que todos os anos premian a literatos das catro linguas ibéricas. Trátanse do portugués Nuno Júdice, a mexicana Carmen Boullosa, o catalán Sergi Belbel e o vasco Harkaitz Cano. O xurado estivo composto por Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Xabier Castro Martínez, Bieito Iglesias, Xosé Ramón Pena, Marilar Aleixandre, Luís Menéndez e Manuel Guede.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito