Lídia Jorge, Marta Pessarradona, Unai Elorriaga e Antonio Requeni recoñecidos nos XIII Premios Rosalía de Castro

O Centro Pen Galicia galardoa neles traxectorias literarias senlleiras nas outras linguas peninsulares

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escritora portuguesa Lídia Jorge (Boliqueime, 1946), a catalá Marta Pessarradona (Terrassa, 1941), o vasco Unai Elorriaga (Bilbao, 1973) e o arxentino Antonio Requeni (Bos Aires, 1930) son os autores elixidos polo xurado da XIIIª edición dos Premios Rosalía de Castro, organizados desde o Centro PEN Galicia. Os galardóns distinguen figuras literarias senlleiras das diferentes linguas peninsulares diferentes ao galego. O Centro Pen Galicia (anteriormente Pen Club Galicia) reúne a poetas, ensaístas e narradores galegos e forma parte do . O xurado estivo presidido por Luís González Tosar, presidente do Centro Pen, e participaron del Manuel Guede, Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xosé Ramón Pena, Pablo Rubén Eiré, e Luís Menéndez. No mes de setembro terá lugar un acto de entrega destes galardóns.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unai Elorriaga, Rosalía de Castro, Ánxela Gracián, Luís González Tosar...