O Pen Internacional comeza o seu congreso en Ourense

O encontro celébrase ata o 2 de outubro coa presenza de escritores de todo o mundo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Pen Internacional comeza o seu congreso en Ourense

Co lema Erguendo pontes literarias esta mañá bota a andar en Ourense o 82 Congreso do Pen Club Internacional. A iniciativa que coordina a delegación galega da organización reúne na Cidade das Burgas un total de 250 escritores de diferentes países do mundo e achega un intenso programa. Mesas redondas, presentacións, relatorios e actividades teatrais e literarias ocuparán a cidade ata o vindeiro 2 de outubro. Entre os convidados, nomes como Claudia Piñeiro, Yolanda Castaño, Manuel Rivas, Laura García Lorca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Nélida Piñón, Eric Lax, Paco Audije, Adam Michnik, Rui Madeira, António Barroso ou Luis García Montero. Como feche do encontro, o 1 de Outubro a Cidade da Cultura, en Compostela, acollerá a Homenaxe a Anna Politkovskaya e mais entrega dos Premios Rosalía de Castro a Almudena Grandes, Dina Salustio, Mariasun Landa e Alex Susanna.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Escritores, Mariasun Landa, Manuel Rivas...