Ourense acollerá o Congreso Internacional do PEN

A iniciativa reunirá 250 escritores de todo o mundo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O PEN, a recoñecida asociación internacional de escritores, celebrará este ano o seu congreso número 82. Será a cidade galega de Ourense a que acolla este evento, para o que se conta coa presenza de 250 autores de setenta países baixo o lema Erguendo pontes literarias. Segundo anunciaba o pasado venres o presidente do PEN Galicia, Luís G. Tosar, o encontro celebrarase entre o 6 de setembro e o 2 de outubro, organizado polo PEN Clube Galicia e a Deputación de Ourense contará cun programa literario aberto ao público que inclúe encontros con autores, obradoiros, recitais e presentacións. A presentación da iniciativa contou tamén coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e da concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Anxo Lorenzo...

Claves

Conceptos
Lugares