Son 15 anos de intensa labor editorial. Un cumpleanos que celebraron, como non, publicando libros. Primeiro chegou "Galicia 2020", como resultado dunha reunión de intelectuais en Mondariz; logo chegou a edición "Contacontos", para os máis cativos; e agora presentan "Letras Hispánicas" unha colección bilingüe sobre Concepción Arenal e que terá continuación coa obra de Álvaro Cunqueiro. Unha estratexia de ampliación de mercado no que tamén figura a propia internet.
Edición bilingüe
Co obxectivo de dar a coñecer a escritores galegos no mercado castelán xorde a colección "Letras-hispánicas". Unha edición que se estrea coa obra da escritora ferrolan Concepción Arenal e que continuará, nunha segunda entrega coa obra de Álvaro Cunqueiro.
Máis libros
"Galicia 2020" é outra das publicacións presentadas con motivo dos 15 anos de Ir Indo. Un volume resultado de unir as ponencias de 16 intelectuais reunidos en Mondariz na primavera do 2000. Por outra banda, "Galegos na historia" son 16 volumes de carácter didáctico, nos que tamén se contempla a edición en castelán. As publicacións atenden tamén ó libro infantil e xuvenil coa colección "Contacontos", orientado por Xosé Antonio Perozo.
Da enciclopedia a internet
Sen embargo, a aposta máis forte destes quince anos é a finalización da Enciclopedia Galega Universal, que ten como data de saída o 2003 co volume número 14. Desta colección xa están dispoñibles no mercado 3 tomos, mentres que existe un cuarto en camiño.