De sangue e doutras limpezas

Espello Cóncavo leva ás táboas o texto de Rubén Ruibal cinco anos despois de gañar o Álvaro Cunqueiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
De sangue e doutras limpezas

A enfermidade e a seguridade social unen nunha sala de diálise a un ex-ionqui en proceso de rehabilitación e a un iupie corrupto. Este é o escenario e o punto de inicio que Rubén Ruibal deseñou na súa “Limpeza de Sangue”. Unha obra coa que gañou en 2005 o premio Álvaro Cunqueiro e dous anos máis tarde o Premio Nacional de Literatura Dramática. A corrupción policial, os negocios, e a vida son algúns dos temas que toca este drama que Espello Cóncavo estreou esta fin de semana en Narón. Foron cinco anos os que se tardaron en poñer en marcha este proxecto, xa que a compañía mesmo chegou a denunciar ao IGAEM (hoxe Agadic) porque as bases do premio Álvaro Cunqueiro implicaba tamén o financiamento da representación.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Todo vale

Todo vale

Espello Cóncavo estrea Azos de esguello, obra gañadora do Álvaro Cunqueiro en 1989

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Rubén Ruibal, Literatura, Seguridade Social...