
Azos de esguello céntrase nun individuo chamado Galisindo Lestedo, un indiano que regresa da Arxentina con moitos cartos. O director do espectáculo, Arturo López, descríbeo como un personaxe corrupto, capaz de calquera cousa por acadar os seus obxectivos de riqueza, cartos e poder e que, con ese perfil, decide embarcarse na política. A obra, malia estar escrita a finais dos anos oitenta, describe un escenario intemporal para falar da inmoralidade dos individuos que utilizan os resortes da democracia para os seus intereses espurios.
O propio Arturo López fai parte do reparto desta obra que conta coa participación de Fernando Morán, César Cambeiro, Isabel de Toro, Xabier Pan, Teresa Horro, Noemi Miranda e Marita Martínez. Toda unha superproducción nos tempos que corren para o teatro galego e que se estreou esta fin de semana en Pontevedra. Trala estrea agora a esta montaxe espéralle un difícil percorrido, "coa rede pechada, non hai ninguén se que anime a programar un espectáculo, e moito menos un con oito actores en escena e dous técnicos" explica Arturo que describe un panorama moi complicado.
Premiada co Álvaro Cunqueiro
A obra ten certa historia porque o texto, de Euloxio Ruibal, recibiu o premio Álvaro Cunqueiro en 1989. Daquelas implicaba a representación do texto e, foi a primeria vez que isto non cumpliu insiste López que considera que a súa representación tiña un pricipio de reparación histórica.
Espello Cóncavo asume a montaxe dun texto concibido para ser doado de montar, con moi pouca escenografía onde todo o paseo decae sobre os actores. Un luxo, para os tempos que corren.