Rubén Ruibal premiado co premio nacional de Literatura Dramática por “Limpeza de sangue”

Sangue premiada

23/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Limpeza de sangue (o sangue fai ruído)” de Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. A súa edición a cargo de Edicións Xerais por convenio co IGAEM resultou merecente do Premio Nacional de Literatura na modalidade de Literatura Dramática por parte dun xurado composto por trece persoas entre as que está, pola Real Academia Galega, Rosario Álvarez Blanco. Segundo a recensión de Inma López Silva sobre esta obra, “Rubén Ruibal amósasenos aquí coma un autor de talento que constrúe unha obra de estrutura cinematográfica, constituída por escenas que desenvolven un argumento ben dosificado”. O Premio Nacional tamén o levou no ano 1997 o dramaturgo Manuel Lourenzo por “Veladas indecentes” e ten recaído, entre outros, en Fernando Arrabal, Sanchís Sinisterra e Agustín García Calvo.

Recensión en Lg3 de Limpeza de sangue; Blog de Rubén Ruibal: Alicia Crece

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/10/2010

De sangue e doutras limpezas

Espello Cóncavo leva ás táboas o texto de Rubén Ruibal cinco anos despois de gañar o Álvaro Cunqueiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rubén Ruibal, Literatura, Inma López Silva, Manuel Lourenzo...