Rubén Ruibal e César Candelas fanse co Premio de Teatro Radiofónico

A obra Peter Buckley resultou gañadora no certame

25/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Peter Buckley é o título da obra coal que Rubén Ruibal e César Candelas se fixeron onte do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O traballo, baseado nun boxeador real, impúxose ás outras finalistas, Servizo de información de Paula Carballeira, e O xou mas gou on de Eva Freixeira. As tres obras serán editadas por Xerais nun libro CD. A entrega de premios realizarase o vindeiro 15 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Rubén Ruibal, Paula Carballeira, Rosalía de Castro...