A Guarda recupera o legado do fotógrafo Costiña

Unha exposición, un libro e proxeccións amosan o pasado da vila

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualExposicións
Compartir:
A Guarda recupera o legado do fotógrafo Costiña

Joaquín García, Costiña, foi un dos fotógrafos máis lembrados da Guarda, vila na que habitou entre 1894 e 1957. Agora, a exposición Camiños da imaxe recupera a memoria da localidade a través das súas imaxes. Para alén de fotografías, poderán verse os filmes que este creador realizou nos anos 20, recentemente recuperados do esquecemento e que se consideran os primeiros filmes rodados na vila. Despois da fin da exposición, que se pode ver na Casa dos Alonsos ata o 15 de agosto, en novembro presentarase un volume sobre este patrimonio que contará coa participación de especialistas do mundo da fotografía e do cinema como Manuel Sendón, Luis Parés ou Fernando Redondo.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Guarda, Fotografía, Manuel Sendón, Cine

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares