Unha exposición permanente que moi posiblemente se convertirá en Museo é a homenaxe que a vila de Cee lle fai a Fernando Blanco, filántropo que no século pasado financiou a construccion do centro de ensino da localidade. A mostra, ademais de abordar diversos aspecto da vida e da figura do homenaxado, amosa abondoso material pedagóxico da época. A tendencia a recuperar a historia nas vilas está tamén de actualidade en Carnota e en Sada, onde se abriron esta semana senllas exposicións.
Arte e ensino
Fernando Blanco foi como tantos outros, un nativo de Cee que tivo que emigrar durante o século XIX. A sorte sorriulle e á súa morte, en 1875, legou os seus bens para financiar a construcción dun centro de ensino primario e secundario na súa vila natal. Seguindo as súas instruccións, creouse unha fundación que sufragou numerosas obras, coma a estación eléctrica ou a escola pra nenas. Agora a súa vila agradécello cunha exposición permanente que se prevé que antes dun ano acade a categorÃa de museo. A mostra, que se inaugurará o vindeiro sábado, está localizada no edificio da antiga escola feminina, foi coordinada desde a Fundación Fernando Blanco, e con ela preténdese amosar a importancia deste filántropo na vila. Os fondos expostos divÃdense nos dous andares do edificio. O andar inferior está dedicado á historia da Fundación, amosando as diferentes actuacións realizadas pola entidade, o tipo de ensino que se impartÃa no século XIX e os fondos artÃsticos da fundación, entre os que destacan seis cadros de Federico Madrazo e tres de DÃaz Carreño. Tamén se inclúe neste andar unha mostra de ferramentas agrarias tradicionais. No andar superior do edificio exponse exclusivamente material escolar antigo, amosando os diferentes tipos de ensino que se podÃan estudar no colexio. Tamén se poden ver unhas cen máquinas diferentes do antigo gabinetes de fÃsica, un laboratorio de quÃmica e o gabinete de ciencias naturais, que posúe unha nutrida colección de fósiles, corais e cunchas.
Exposicións temporais e horarios
O comisario da mostra, Rafael Sixto, sinalou que existen todavÃa moitos fondos sen amosar que se irán expondo en mostras temporais. Preténdese que esas mostras se programen no andar superior, mentres o inferior mantense cun contido fixo. A exposición poderá verse a partir do vindeiro sábado nun horario de verán que irá seis a nove da noite.
Outras historias: Sada e Carnota
A evolución de Sada no último século expresada mediante fotografÃas é o obxecto da mostra "Sada: O pobo, o mar, a súa xente" que se inaugurou na Casa da Cultura do Concello o pasado martes. A mostra, que inclúe trinta e dúas fotografÃas antigas, recolle intres históricos para o concello como foi a chegada do tranvÃa ou o traslado do emblemático edificio A Terraza desde A Coruña. A mostra poderá verse ata o vindeiro 31 de agosto.
Pola súa banda, Carnota recupera a súa historia mediante os obxectos de emprego cotián no pasado. Unha exposición etnográfica que se pode ver ata o vindeiro dÃa trinta recolle elementos de cociña, taberna, relixiosos ou roupas tradicionais empregadas no séculos XIX e XX. A mostra pode visitarse entre as dez e as dúas pola mañá e as cinco e as oito pola tarde no edificio do Concello.