Dosier: Patrimonio audiovisual

O Proxecto Socheo solicita axuda para dixitalizar filmes dos anos 30

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Joaquín García Portela

Joaquín García Portela

Unha colección de filmes caseiros realizados nos anos 30 polo fotógrafo da Guarda Joaquín García Portela. Este é o legado que recentemente chegou ás mans do Proxecto Socheo, que recupera o patrimonio audiovisual do Baixo Miño, da man das netas do fotógrafo. Entre as imaxes atópanse filmacións de festas populares, traballos do campo e do mar e mais escenas familiares. Agora, os responsables de Socheo solicitan apoio para conseguir a dixitalización e conservación deste material.

Segundo sinalan, o Centro Galego de Artes da Imaxe carece do equipamento necesario para traballar co formato de película Pathé, de 9,5 milímetros, no que se realizaron os filmes. A única opción pasa por enviar o material a un laboratorio madrileño, o que supón un orzamento que o colectivo non está en condicións de asumir.

En paralelo, as iniciativas de recuperación cinematográfica protagonizan hoxe o A Fondo do semanario Sermos Galiza, un especial dirixido por Xurxo González, coordinador do Proxecto Socheo.

Reportaxe sobre a Agrupación Cinematográfica Galega

Reportaxe sobre o proxecto Socheo

O traballo do CGAI na recuperación de filmes

A lembranza do ollar(I): O arquivo histórico on line da CRTVG

A lembranza do ollar (II): Proxecto Socheo

A lembranza do ollar (III): Prósperi e Otero

A lembranza do ollar (e IV): Moaña

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Baixo Miño, Xurxo González, Sermos Galiza...