A súa "creatividade acorde ás correntes máis avanzadas da vangarda na escritura", a "fidelidade á lingua propia de Galicia" e mais a "defensa do medio e da liberdade de expresión" son os méritos que lle valeron a Inma López Silva facerse co Premio de Creación Literaria da Fundación Ínsua dos Poetas. Canda a ela, a entidade, que celebrou este sábado a VIII Festa da Palabra, recoñeceu tamén a Irmandade Galega de Venezuela co seu premio á promoción da cultura galega no exterior, mentres o Centro de Estudos Chamoso Lamas foi homenaxado polo seu traballo de conservación do patrimonio e do medio. As adegas Cachhín da Abeleda viron valorado a súa acción económica a prol da cultura e, finalmente, o xornalista e animador cultural Xan Fernández Pinal foi distinguido no apartado de "Emprego da lingua e promoción da cultura propias nos medios de comunicación".
Pola súa banda, a Fundación Rosalía entregou por vez primeira esta fin de semana a súa distinción Rosa de Galicia. Loliña Mosquera, filla de Xosé Mosquera, promotor da recuperación da Casa de Rosalía, e presidente do Padroado que deu pé á actual fundación, foi a homenaxeada nesta primeira xeira.