O Padroado da Fundación "Insua dos Poetas" celebra mañá a XIª Festa da Palabra na sede da Insua dos Poetas en O Carballiño. A celebración farase en homenaxe ao escritor Antón Tovar, (1921-2004), e no seu transcurso farase entrega dos premios deste ano nas sete categorías que a fundación define: Creación literaria, Artes Plásticas, Acción Social, Lingua e Cultura Galegas, Iniciativa Empresarial, Imaxe e Audiovisual e Medios de Comunicación. A relación de premiados xa foi dada a coñecer de antemán pola entidade. A profesora María Victoria Carballo-Calero, catedrática de Historia de Arte Contemporánea da Universidade de Vigo e numeraria da Real Academia de Belas Artes de Galicia recibirá o premio de Artes Plásticas polo seu incesante traballo a pro da pintura, escultura, arquitectura e arte urbana. Desde a fundación destacan o seu labor no estudio da ilustración na Revista Nós. A xornalista e escritora María Solar será a galardoada na categoría de Creación Literaria, tanto polo seu percorrido na escritura como polo seu traballo como comunicadora na TVG.
Varias asociacións de diferente natureza reciben algúns dos recoñecementos. Así o Centro Galicia de Bos Aires recibirá o premio Lingua e Cultura Galegas, a asociación de veciños da parroquia de Madarnás, onde está a Insua dos Poetas, recibe o premio de Acción Social pola súa constante colaboración coas actividades da fundación, o premio de Imaxe e Audiovisual será para a Asociación Fotográfica O Potiños, creada arredor da memoria do fotógrafo Gabriel Alonso, "O Potiños". Tamén hai premios que van parar nesta edición a empresas polas súas contribucións como é o caso do grupo empresarial inmobiliario Cer & Ber, do empresario Manuel Bernárdez Otero, que recibe o premio de Iniciativa Empresarial polos seus mecenados, servizo á emigración galega e por ser "un exemplo de normalización na lingua galega". A emisora local de O Carballiño da Cadena Ser recibe o premio Medios de Comunicación, pola súa labor informativa en lingua galega, e preocupación polas actividades culturais da comarca.