A praza das PraterÃas, en Compostela, acollÃa esta mañá a presentación de Galicia Culturea. O novo programa da ConsellarÃa de Cultura integra actividades desenvolvidas polos diferentes departamentos desta entidade, a incluÃr a Axencia Galega das Industrias Culturais, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica ou a Fundación Cidade da Cultura. Segundo anunciou o conselleiro, Román RodrÃguez, a iniciativa levará preto de 300 actuacións escénicas, musicais ou de narración oral, asà como obradoiros, a un total de 166 concellos do paÃs. Coa maior parte destas actividades a se desenvolver ao ar libre, Román sinala que a consellarÃa pretende "darlle un impulso ao carácter cultural do verán galego", con propostas que suman unha "vocación educativa e formativa" ao ocio. O programa, que comeza este mesmo mes de xuño, desenvolverase ata finais de setembro.