Presentar os resultados obtidos polos equipos que desde 2008 estiveron a traballar na restauración do Pórtico da Gloria e debater novas propostas sobre a limpeza e consolidación da policromÃa en escultura de pedra, o desenvolvemento de plataformas dixitais interactivas para o procesado e visualización de datos ou o emprego de novas tecnoloxÃas para a restitución virtual das policromÃas históricas. Estes son algúns dos obxectivos do II Simposio Internacional Andrew W. Mellon: O esplendor do Pórtico da Gloria: conservación, policromÃa e a transfiguración da materia que comeza mañá na sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela e que se desenvolverá ata o xoves 8 de xullo.