Fotograma de John From
John From, a longametraxe do director portugués João Nicolau foi declarada vencedora do Festival Novos Cinemas, que clausuraba onte, domingo 3 de xullo, a súa primeira edición en Pontevedra. O xurado internacional desta xeira formado por Ana Isabel Strindberg, Jonás Trueba e Diana Toucedo, outorgou tamén unha mención especial ao filme Lu Bian Ye Can (Kaili Blues), de Gan Bi, "por transmitir a experiencia de construír unha forma e un relato cinematográfico poderoso dende un gran rigor formal e estético que se cuestiona e transforma ao longo da súa metraxe, creando misterio e fascinación".
JOHN FROM TRAILER from O SOM E A FÚRIA on Vimeo.



