Premios para as realizadoras Diana Toucedo e Paula Cons

A Mostra Mares da Fin do Mundo premia o traballo de Toucedo e dá unha mención a Xisela Franco

3/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
45 lecturas | Compartido 0 veces

O filme "Tatuado nos ollos levamos o pouso", da realizadora Diana Toucedo alzouse co premio á mellor película da sección competitiva da Vª Mostra Internacional de Cinema Documental do Concello de Ordes, Mares da Fin do Mundo. O xurado oficial acordou outorgar este premio ao filme de Toucedo, galega residente en Barcelona, co que retrata o traballo das mariscadoras de Cesantes, á beira da illa de San Simón. O xurado fixo tamén unha mención especial ao documental "Atalaia/Piueiro", de Xisela Franco, sobre as redeiras e sobre a carpintería de ribeira, para o que contou coa colaboración das Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia e a de Embarcacións Tradicionais O Piueiro. O Premio do Público foi para o filme "Last of Us", de Andrea Marcovicchio.

Premio para Paula Cons
Outra realizadora galega que estes días tamén está a recibir recoñecemento ao seu traballo é a coruñesa Paula Cons (A Coruña, 1976). A docuserie producida para Netflix "¿Dónde está Marta?", sobre o asasinato e desaparición de Marta del Castillo, da que Cons é guionista e directora fíxose cun dos Premios Iris da Academia de Televisión "pola súa calidade visual, ritmo narrativo e o traballo de análise exhaustivo", segundo a Academia


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diana Toucedo, Paula Cons, Atalaia, Documental...