Tras varias edicións celebrándose no Concello de Outes, e previamente en Carnota, a Mostra Internacional de Cinema Documental mares da Fin do Mundo cambia este ano de porto e de rÃa, levando a súa sétima edición a Ribeira. Este encontro vencellado sempre ao audiovisual enfocado no eido mariño e pesqueiro dará comezo o vindeiro martes coa apertura da exposición fotográfica 'Xente no medio' de Maribel Longueira (A Coruña, 1951) no Centro Cultural Lustres Rivas. Esta exposición forma parte do programa de actividades paralelas do festival, que inaugurará as proxeccións o mércores co filme indo-francés ' Remando a la deriva' de Sarvnik Kaur, sobre a pesca en Bombai. Na sección oficial competirán 16 filmes dunha ducia de nacionalidades diferentes, incluÃndo este ano un filme franco-palestino sobre o traballo da pesca en Gaza, e nas sesións especiais contarase, entre outros cos traballos 'Echo Alfa Delta Zulu' de Adrián Canoura e Anxo RodrÃguez, resultado dun proceso de investigación arredor do mar e o arquivo sonoro/audiovisual existente, tanto na cultura, como na rede. O filme de clausura, o domingo 3 de novembro, será a curtametraxe documental 'Voces da conserva', de Lesmes Iglesias, que narra o auxe da salgadura e os comezos da conserva hermética en Barbanza-Arousa. O progrma , como é habitual neste evento, contará con faladoiros, obradoiros e varias actividades complementarias.