Finaliza a primeira fase do proxecto do castro de San Lourenzo

Escavouse a casa na que se librou a 'batalla de Repil'

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O 20 de abril de 1949 un grupo de guerrilleiros galegos foron cercados pola Garda Civil nunha casa de labradores, entre as parroquias de Cereixa (Pobra do Brollón ) e Chavaba (Monforte de Lemos). Aquel episodio supuxo o principio da fin da guerrilla antifranquista en Galicia. Non é habitual que un equipo arqueolóxico escave en Galicia restos dos enfrontamentos entre guerrilleiros e forzas franquistas, pero o que lidera Xurxo Ayán exhumou os restos da casa, a súa cultura material e mesmo un casquillo de bala correspondente á época do enfrontamento. O equipo continuará en agosto, escavando o castro de San Lourenzo, tamén en Cereixa, unha antiga fortificación da Idade do Ferro que contén tamen os restos dunha capela que se pretende recuperar.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Todo o que levaremos para a tumba

Todo o que levaremos para a tumba

Novas análises das tumbas do castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón) revelan rituais 'paganizantes' na Galicia da Alta Idade Media

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Ayán, Guerrilla, Idade do Ferro, Garda Civil...