Botan a andar Corpo(a)terra e Vai de Baile

Os festivais de danza de Ourense e Ferrol preséntanse irmandados nesta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Botan a andar Corpo(a)terra e Vai de Baile

O 29 de xuño comeza en Ourense a VI edición de Corpo(a)terra. O festival de danza encherá entre o 7 o nove de xullo as rúas e prazas da cidade de espectáculos coreográficos, cunha especial atención a grupos ourensáns. O programa, que inclúe tamén o programa de entrenamento intensivo en danza contemporánea Enxebre conta coas actuacións de La Variopinta, Jesús Rubio Gamo, Gabriel Rodríguez, Fran Martínez ou Matías Daporta. A presentación da nova xeira do evento realizábase o pasado 23 de xuño en Compostela conxuntamente co Vai de Baile de Ferrol que tamén conta cos mesmos organizadores e que achegará á cidade entre o 1 e 2 de xullo as creacións de Tigre Monster RAVE, Zuk Dance Company, Héctor Plaza & Agnes Sales, Raúl Martínez, DanyzoO, Entremáns ou Pisando Ovos, entre outros.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ferrol, Ourense, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos