Aínda que foi o día 4 que comezaron a andar as actividades paralelas coa primeira sesión do ciclo formativo Enxebre, é hoxe, 6 de xullo que o festival de danza Corpo(a)Terra inicia o seu programa de actuacións. Ánxela Blanco abre ás oito e media da tarde en Nogueira de Ramuín o cartel, seguida por unha actuación de Jesús Rubio Gamo no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Mañá, sete de xullo, será Allariz o concello que acolla outras catro propostas coreográficas, a cargo desta volta de Victoria P. Miranda, a compañía Maximiliano Sanford con Clara Ferrao, a compañía Prácido Domingo e Pisando Ovos.
No entanto, como é habitual, o groso do programa centrarase en Ourense, onde entre os días 12 e 14 deste mes poderán verse propostas como as de Leia Meier, Arnau Pérez, Fil D'Arena, Lasala, Jurij Konjar, Lucie Eidenbenz ou Irene de Paz ata un total de trece actuacións de artistas chegados de México, Euskadi, Brasil ou Eslovenia.