
Xa na costa tamén hai novidades en outros festivais deste verán. O festival Revenidas de Vilaxoán de Arousa, tamén chamado Festival das Linguas ven de anunciar a incorporación de novas bandas, con ata doce novos nomes contando con Djs, ao que será o seu cartel final para a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto. Nesta ocasión o festival Vilaxoanés confirma a Erin e Hard GZ, dous dos máximos expoñentes da escena urbana galega; a Chocolate Remix; ao Leo i Arremacághona; a volta de Skacha sobre os escenarios; ao hip hop das Rías Baixas de Rebelióm do Inframundo; a Thomas & Balea; a Carolina Rubirosa; as mesturas de DJ Plan B, Ferromona DJ, Brassica Rapa, TNT e La Duendeneta. Estes nomes incorpóranse aos xa anunciados de Gogol Bordello; Nao; Doctor Krápula; Gambeat; Bastards on Parade; os italianos Talco; Gatillazo; os arxentinos Los Caligaris; Mal Élevé; a música urbana de Tribade; Valira; o cuarteto sueco The Baboon Show; El Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones; Flow do Toxo; Desakato e a cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.
Baixando pola costa o Armadiña Rock de Combarro vai xa enchendo o cartaz con algunhas confirmacións para a súa terceira edición entre o 23 e 0 25 de agosto. En coincidencia co citado de Vilaxoán estarán tamén en Combarro Los Jinetes del Trópico, NAO e Bastards on Parade. Ademais destes o Armadiña xa conta tamén coa confirmación de Triángulo de Amor Bizarro, Balkan Bomba e os vigueses High Paw & Elephants Yard.