Corpo(a)terra medra na súa segunda edición

O festival de danza ourensán celébrase entre o 13 e o 15 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Imaxe de Corpo(a)Terra

Imaxe de Corpo(a)Terra

Trinta e tres artistas, fronte aos catro do ano pasado, participarán no Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense, Corpo(a)terra, que medra así espectacularmaente na súa segunda edición e estrea nome. O encontro, que se celebra entre o 13 e o 15 de setembro na Cidade das Burgas, contará con grupos galegos coma TrasPeDiante, organizadores do evento, Pisando Ovos ou Nonou Edicións. Canda a estes, os galego-cubanos de Entremáns, o dúo madrileño de Almudena Rubiato e Lorena Díaz ou a irlandesa Liadain Herriot fan parte do programa. Improvisación, obradoiros, foliada e un concerto de The Tetas' Van son outras das propostas desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ourense, Cidade das Burgas

Claves

Conceptos