A Coruña acolle a primeira edición do festival Empape de danza

Empaparse a bailar

17/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Achegar a danza a espazos non habituais da cidade da Coruña. Este é o obxectivo co que nace Empape, o festival internacional de danza que celebrará a súa primeira edición entre o catro e o seis de xullo na Coruña. A iniciativa, apoiada polo Concello, o IGAEM e a Fundación Seoane entre outros, conta coa dirección artística de Armando Matén. Entre outras actividades, poderase ver o traballo de compañías coma o Centro Coreográfico Galego, Pisando Ovos, Entremans, Alexis Fernández e Caterina Varela ou Ziya Azazi. De xeito paralelo organizaranse obradoiros de yoga, shiatsu ou creación de escultura en escaiola.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, A Coruña, IGAEM, Fundación Seoane...