Pontevedra presenta o Festival tapas e danza

Seis compañías actuarán no casco histórico da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Olga Comeselle e Disque Danza, a compañía de danza Cetra, Armando Martén ou acompañía Entremáns son algúns os grupos que participan na primeira edición do Festival Tapas e Danza. O evento, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro no casco histórico de Pontevedra consiste en seis actuación de baile na rúa que se poderán seguir desde os quince locais hostaleiros que participan na iniciativa. En cada un destes espazos poderán consumirse por dous euros unha serie de tapas preparadas especialmente para a ocasión e entre as que o publico poderá votar as súas preferidas. A iniciativa xorde da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería e conta co apoio da Dirección Xeral de Turismo e mais da Concellaría de Cultura da Cidade.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Pontevedra, Turismo

Claves

Conceptos
Lugares