Nace en Ferrol un colectivo para a promoción da danza

Paralelamente, o concello promove unha iniciativa pioneira neste sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A danza cobra forza en Ferrol. Dunha banda, onte presentouse na cidade unha asociación cultural para a promoción do baile. Chámase Ferrol Danza e pretende promover, divulgar a danza mesmo formar unha compañía pre-profesional. Paralelamente, o concello acaba de presentar ¿Ú- lo público?...emancipouse, un programa coordinado por Natalia Balseiro (que foi directora do Centro coreográfico Galego). O proxecto pretende pór en relación aos artistas e ciudadáns co obxecto de que os veciños poidan falar cos coreógrafos que se irá presentando ao longo del año no Teatro Jofre. Unha iniciativa pioneira e gratuita na que os participantes poderán coñecer a linguaxe e a historia da danza, os diferentes tipos de danza e nocións sobre composición coreográfica.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro Jofre, Centro Coreográfico Galego