U-lo público? Emancipouse é o suxestivo nome do proxecto que acaba de presentar o concello de Ferrol. En lugar de programar espectáculos de danza directamente, a concellarÃa de Ferrol organiza unha serie de actividades destinadas a formar aos cidadáns neste xénero para que despois poida asistir e gozar dos espectáculos. A iniciativa, coordinada por Natalia Balseiro, consiste en catro obradoiros (no Centro CÃvico de Caranza) que impartirán os coreógrafos Maruxa Salas e Erik Jiménez e que comezarán o vindeiro mes de novembro. Todas as persoas maiores de 12 anos poderán participar neste proxecto que permitirá achegarse á danza, á súa historia, traballar co corpo e montar pequenas coreografÃas.