O concello de Santiago renova a súa aposta pola danza contemporánea

A nova edición de SCQ danza contempla sete espectáculos nun semestre

11/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

“Son sete propostas heteroxéneas, con puntos de vista diferentes pero que, entre todas ofrecen unha visión completa do que é a danza contemporánea”. Deste xeito resumía Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio de Galicia, a filosofía da programación dunha nova edición de SCQ Danza. Un ciclo que se desenvolve entre o 18 de febreiro e o 25 de maio con tres compañías galegas (Nuria Sotelo, Traspediante e Experimentadanza), unha francesa (Centro Coreográfico Nacional de Caen(Baixa-Normandía), unha andaluza (espérame despierto) e unha eslovaca (Les Slovaks, intragada por membros da mesma familia). Unha aposta decidida pola danza, un xénero minoritario na oferta cultural, que se sitúa na liña de traballo desenvolvida pola concellaría de Cultura e que segundo a súa responsable, Socorro García, “de espectáculos de calidade e con menor demanda”.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Concello de Santiago, Nuria Sotelo, Xénero...