Un programa pretende achegar a danza á sociedade buscando espazos representativos

Para bailar hai que ter espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A cadea de Monterroso, o Museo Provincial de Lugo, o Verbum de Vigo ou a galería Ana Vilaseco da Coruña son os espazos que acollerán varias representacións de danza. A iniciativa forma parte do programa “Espazos que danzan” co que diferentes compañías pretenden reivindicar o baile como forma de expresión, ademais de conmemorar o Día Mundial da Danza (29 de abril). Experimenta danza, EscénaTe, Mita Beutel, Mudanza, Guillermo Weickert, Ruth Balbís ou David Loira son algúns dos artistas e compañías que compoñen este programa.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Galería, Museo Provincial de Lugo, Verbum...