27 propostas de espectáculos amósanse na nova edición de Galicia Escena PRO

Está dirixido a profesionais pero tamén pode asistir o público en aberto

Está dirixido a profesionais pero tamén pode asistir o público en aberto
Fotograma de Os amores de Jacques o Fatalista (Excéntricas).
O Galicia Escena PRO é unha mostra de carácter profesionial organizada por AGADIC, no que as compañías amosan as súas novas producións ante un público de 120 programadores e xestores culturais chegados de diferentes lugares que están acreditados. Pero tamén é unha magnífica oportunidade para que o público xeral coñeza as novidades de moitas compañías de espectáculos galegos, podendo asistir de balde ata completar aforo. Haberá espectáculos de teatro familiar, cinco showcases (fragmentos de obras) e Excéntricas, baixo a dirección de Quico Cadaval, presentará o seu novo especáculo: 'Os amores de Jacques o fatalista', ás 19 h. no Teatro Principal en Compostela.