Novos formatos escénicos, novas compañías e novo circo. O máis contemporáneo das tendencias das artes escénicas centran esta nova edición da Feira Galega das Artes Escénicas. Pero entre os 18 espectáculos galegos seleccionados haberá tamén oco para as compañías de repertorio máis clásico, galego e, por suposto, para o público infantil. O luns arrinca a XVIII edición da Feira Galega das Artes Escénicas, un encontro que permitirá a 150 programadores coñecer de primeira man a creación galega contemporánea. O encontro ten un orzamento de 180.000 euros e permitirá ao público acceder de xeito gratuíto en función do aforo sobrante.
Juan Carlos Rodríguez Fasero, director de Agadic, e Maria Paredes, coordinadora da Feira, presentaron a programación deste encontro que comezará o luns 18 co fallo dos premios Barriga Verde 2010, Manuel María e Álvaro Cunqueiro. Despois, ademais das 21 funcións (18 espectáculos galegos e tres andaluces) haberá oco para a zona de mercado con 16 expositores que servirán para dar coñecer o traballo das compañías e empresas participantes con espazo propio. A feira é o formato de distribución de espectáculos galegos que organiza a Agadic e que bonifica nun 40% as compras realizadas durante a semana do encontro. A feira, que comezou durando cinco días, reduciuse a catro e podería ter máis cambios de formato. Hai un movemento de mudar o sistema de feiras porque os modelos teñen que ir modificando. É complicado para un programador ir a unha feira tan densa, por iso se está a optar máis polo modelo de showcase (demostracións de breve duración) ou xornadas temáticas apuntaba o director de Agadic. De feito, María Paredes indicou que a feira comprobará este ano co programa de Circo á feira (showcases de novo circo a cargo de cinco compañías) se este modelo funciona de cara vindeiras edicións.
Catálogo da Feira Galega das Artes Escénicas.Juan Carlos Rodríguez Fasero, director de Agadic, e Maria Paredes, coordinadora da Feira, presentaron a programación deste encontro que comezará o luns 18 co fallo dos premios Barriga Verde 2010, Manuel María e Álvaro Cunqueiro. Despois, ademais das 21 funcións (18 espectáculos galegos e tres andaluces) haberá oco para a zona de mercado con 16 expositores que servirán para dar coñecer o traballo das compañías e empresas participantes con espazo propio. A feira é o formato de distribución de espectáculos galegos que organiza a Agadic e que bonifica nun 40% as compras realizadas durante a semana do encontro. A feira, que comezou durando cinco días, reduciuse a catro e podería ter máis cambios de formato. Hai un movemento de mudar o sistema de feiras porque os modelos teñen que ir modificando. É complicado para un programador ir a unha feira tan densa, por iso se está a optar máis polo modelo de showcase (demostracións de breve duración) ou xornadas temáticas apuntaba o director de Agadic. De feito, María Paredes indicou que a feira comprobará este ano co programa de Circo á feira (showcases de novo circo a cargo de cinco compañías) se este modelo funciona de cara vindeiras edicións.