Sopran bos ventos para as nosa percusión tradicional. Cada vez máis músicos abordan novos xeitos de traballar bombos, tamborÃs, pandeiretas, pandeiras ou adufes. A combinación entre instrumentos, a mestura de estilos ou a investigación de novos xeitos de os tocar danse cita en proxectos musicais e discográficos que erguen expectación e acadan importantes recoñecementos.
Xosé LuÃs Romero e Aliboria acaban de presentar o seu primeiro traballo, un disco que pretende contribuÃr a mudar o xeito no que ollamos a nosa percusión tradicional. Pola súa banda, Xabier DÃaz está a acadar un enorme recoñecemento por The Tambourine Man, o seu proxecto coas Adufeiras de Salitre, unha proposta que pon na primeira liña este tipo de instrumentos. De xeito similar, lanzamentos recentes como o Lobos de Davide Salvado, o Teño dÃas, teño noites que reactivou o trÃo Pandeiromus logo de anos de pausa discográfica, ou os álbums de Maghúa, Pelepau ou Radio Cos exploran un universo que vai para alén da pandeireta e que inclúe latas, sachos, culleres, tarrañolas ou tixolas. Desde diferentes perspectivas van aparecendo novas apostas por recuperar e actualizar un patrimonio que, segundo coinciden os músicos consultados, supuña unha cuestión pendente na nosa música de raÃz.
Os sons parados
"Logo de ter a música galega ter pasado moitas fases ao longo dos anos, agora cae de caixón que lle toca á percusión. É o único que ficou parado no tempo, co rica que é e a riqueza e o potencial que ten. É un universo enteiro de posibilidades, e se tivésemos un traballo centralizado para a desenvolver, seriamos a envexa do mundo", asegura Xosé Lois Romero, lÃder de Aliboria "nos últimos trinta ou corenta anos evolucionou moitÃsimo todo na música tradicional. Avanzaron instrumentos como a gaita ou a zanfona, que era un instrumento moi precario, con moitos problemas de estabilidade, e que hoxe dá para facer jazz e cousas brutais. Tamén melloraron os repertorios e os recursos, todo agás no caso da percusión, que non avanzou practicamente nada, quedou nunha especie de limbo", sinala. Do mesmo xeito, Xabier DÃaz advirte que "é algo que estaba por explorar, do mesmo xeito que outros campos da música tradicional estean posiblemente fatigados". Nesta situación "é moi posible que a percusión achegue unha frescura que o público percibe". Topo Vidal, de Pandeiromus apunta que "a percusión tradicional galega comeza a se integrar nos grupos. Nós toda a que empregamos nos nosos discos é de aquÃ. Se temos bombos de aquà non os precisamos de rusia" explica.
Os instrumentos
O relativo estancamento no que se mantivo este patriomonio sonoro provoca que "os instrumentos non se recrean, non evolucionan nin na execución nin na construción", explica Romero. Nese sentido, os músicos coinciden que en xeral "cómpre mellorar a construción. Os instrumentos que se fan hoxe non están especializados para facer o que se quere con eles", destaca o lÃder de Aliboria. DÃaz pola súa banda considera que esta evolución está a chegar a un ritmo crecente e que "en xeral, as melloras por parte dos luthiers están aÃ, e nos últimos anos houbo avances a unha velocidade importante". Topo Vidal, do trÃo Pandeiromus, coincide ao sinalar que "botamos de menos con moitos artesáns de percusión a evolución do instrumento. Seivane ou Corral fixeron avanzar moito a gaita, pero coa percusión non aconteceu o mesmo. Mesmo podemos dicir que involucionou nalgúns casos. Por exemplo, o metal das ferreñas das pandeiretas antes era máis brando e producÃa un son menos estridente. A tecnoloxÃa de corte pneumático obrigou a empregar materiais máis duros, e iso modificou o son. Agora estamos a ver de recuperar aquel latón para conseguir o son de antes". Máis optimista, Alexandre Fernández, do grupo Pelepau, apunta que "a evolución destes instrumentos é boa. Está ben que se experimenten fórmulas, distintas medidas para timbres diferentes ou que se probe con novas peles, pero eu non mudarÃa os materiais, serÃa como facer gaitas de plástico, perderÃase o son peculiar que define a nosa identidade".
Actualizacións
A actualización deste patrimonio sonoro vai por diferentes vÃas. AsÃ, Pandeiromus recrea a letra das coplas e fai mesturas con outras músicas, DÃaz pon en escena once adufes á vez a combinar potencia rÃtmica e sons melódicos e Aliboria explora novas técnicas e arranxos ao tempo que aposta pola innovación dos instrumentos. As opcións son variadas e esixen tamén innovacións nos instrumentos. "Ao non teren técnicas especÃficas e empregárense con toques tradicionais, instrumentos como as pandeiras e os pandeiros elabóranse de xeito xenérico. Por exemplo, non hai pandeiras que se poidan afinar ben. E entón eu desenvolvÃn unha técnica para tocar o que pretendÃa e logo tiven que buscar unha pandeira que soase sempre dese xeito. Apliquei un sistema de afinación que incha como un pneumático e pódese tensar e destensar no momento. Isto dá un son moi interesante e abre un mundo de posibilidades", explica Romero. Pelepau, pola súa banda, fusiona ritmos do paÃs cos que chegaron desde a emigración, tanto europea como americana, o que leva a novos xeitos de empregar estes instrumentos. "Algo que facemos é o que se chama un obstinado, que ninguén leva o ritmo base senón que este sae da suma de todo o que está a soar". Canda a isto "empregamos tres bombos afinados en cadansúa tonalidade de primeira, cuarta e quinta, o que fai se soen por xunto como se tivésemos un baixo", sinala Alexandre Fernández desde esta formación.
Técnicas e ensino
Encol da multiplicación de propostas que están a pór de relevo esta tradición "as técnicas tamén están a avanzar, quizais todos tocamos mellor. Hai un nivel de docencia importante", sinala DÃaz, e como exemplos están el mesmo ou Romero, que aproveitaron o traballo docente para os seus novos proxectos. "Congratúlome de que haxa esta irrupción de proxectos. O feito de que agromen tantas iniciativas novas é un aliciente para toda a xente que toca a percusión", sinala o responsable de The Tambourine Man. Desde Pelepau, Alexandre Fernández apunta que "as novas tecnoloxÃas facilitan moito o intercambio cultural e moitos grupos de folk hoxe empregan ritmos mais casteláns influenciados por Eliseo Parra ou Coetus". No entanto, a aparición de novas ferramentas e espazos para o ensino están a contribuÃr a unha maior difusión deste patrimonio e a que os intérpretes acaden un mellor nivel. "Hai un lote de escolas, e temos as posibilidades de facer escritura musical dos ritmos, que antes se ensinaban de ouvido", continúa. Estas melloras ténicas achegan posibilidades e abren tamén novas cuestións. "Hoxe hai percusionistas que son virtuosos e xa chegan mesmo a tocar por riba do gaiteiro e tentan conseguir protagonismo. Nós pensamos que, como dicÃa Moxenas, a gaita fai un bosquexo e o percusionista ten que que lle pór cor por dentro. O ritmo debe ter o seu espazo pero non debe tapar o instrumento ou a voz" explica.
Causas do esquecemento
Segundo Romero, varios factores incidiron no esquecemento relativo da nosa tradición percusiva. "Por unha banda hai concepto pop de comedir todo e docificar a rudeza do folclore. Pola outra influÃron as músicas populares que se tomaron como referencia. O folk celta resulta moito máis amable do que a música tradicional galega e isto creou produtos máis suavizados. Tamén se pode pensar na influencia lusófona e das cordas". No entanto, recoñece a existencia de traballos precursores nesta mesma liña, como o de LeilÃa, Mercedes Peón ou Muxicas. "Fixeron un traballo creativo e un pouco rebelde", explica sobre este último grupo. "Incorporaron as tarrañolas ou as cunchas dun xeito creativo e de xeito moi consciente. Outros como Mercedes Peón incorporárona a unha estética contemporánea pero non desenvolveron a linguaxe. No entanto, para Romero "non se mantivo como unha vÃa identificatoria da música galega comercial ou en disco".
Un interese por recrear a tradición, sen face evolucionar os usos dos instrumentos, puideron contribuÃr á súa escasa presenza. "O máis habitual hoxe é que se empregue o tambor, o bombo e a pandeireta como acompañamento para gaitas, o resto dos instrumentos case non se tocan. Cando se utilizan é para reproducións etnográficas, para tocar cancións tal e como se recolleron. En xeral non hai quen toque unha tixola se non é para un tema concreto no que se usaba". AsÃ, este músico advirte que boa parte das apostas actuais que integran estes instrumentos "inclúen algún elemento innovador, pero en xeral tocan material de recollida cos mesmos xeitos de percusión dese repertorio". Asà acontece con Maghúa ou cos primeiros traballos de Pandeiromus. Na actualidade, segundo denuncia, "os percusionistas do tradicional cando pasan ao folk ou á fusión mudan a instrumentos foráneos como o caixón flamenco, o djembé ou a baterÃa. Isto para min é moi frustrante".
Os problemas técnicos
Canda a isto, varios percusionistas recoñecen a existencia de problemas técnicos para integrar os instrumentos tradicionais deste tipo en discos e espectáculos. "Rexistrar a percusión, e sobre todo a tradicional, que non está normalizada, é o máis difÃcil nunha gravación", apunta Romero. Desde Pelepau Fernández explica que "ao seren de pel e de madeira presentan problemas de afinación. Teñen un comportamento moi variable segundo a humidade ou o calor, e isto fai que haxa por exemplo, bandas de gaitas que aposten por empregar parches de plástico". Vidal, desde Pandeiromus, sinala que "aÃnda que nós sempre empregamos percusión galega, para os concertos temos que mudar o bombo por un caixón flamenco por problemas técnicos. É o que nos permite obter un son máis parecido ao que queremos".
Cuestións pendentes
Segundo Alexandre Fernández, as grandes cuestións pendentes neste ámbito son a integración dos métodos de ensino e a publicación de material de recollida que permita coñecer mellor este patrimonio. "Do mesmo xeito que os estudos de gaita están regrados e existen pautas para ensinar, deberÃan estalo na percusión. Ademais, moita xente que fixo recollidas non comparte ese material porque quere ser o primeiro en ensinalo, pero un non se pode apropiar do patrimonio. DeberÃa haber máis coloquios, máis puntos de encontro, e facer unha especie de biblioteca, mesmo virtual, onde todos puidesen acceder a este material". Romero, pola súa banda explica que "o grande instrumento por descubrir neste campo é a pandeira. Ten posibilidades ilimitada e está presente en todas as culturas antigas do mundo. En Europa do Leste ou na cultura árabe teñen fórmulas moi depuradas, pero o xeito de tocar galego dálle unhas posibilidades enormes. Por outras culturas vese por onde pode evolucionar pero o nivel de desenvolvemento a nivel de técnicas, de xeitos de construción, de emprego de peles ou de afinacións é infinito". De cara ao futuro Topo Vidal adianta que en Pandeiromus teñen aberta unha liña de investigación orientada "á percusión natural. Localizamos testemuños de xente que falan de cómo facÃan música con calquera cousa. Unha lata e un pau, unhas pedras, cunchas e mesmo houbo quen nos contou dunha fonte na que daban palmadas na auga para facer ritmo. Entón penso que faremos unha investigación algo psicodélica sobre este material".
Conquistar músicas
A integración da nosa tradición percusiva con outras formas musicais aparece tamén como outro grande desafÃo para DÃaz e Romero. "Cómpre que os percusionistas que xa tocan e teñen unha traxectoria lle dediquen tempo á percusión tradicional", reclama o de Aliboria. "Do mesmo xeito que fan cousas sofisticadas na baterÃa deberÃan ver de as facer con isto. Deste xeito aparecerán varias técnicas entre as que a xente poderá escoller para as súas creacións". Coma el, DÃaz apunta que "resulta sorprendente que estes instrumentos, cunha importancia descomunal para entendermos o ADN da música galega, fosen tan infrautilizados no folk". Do mesmo xeito adianta que "está por ver que capacidade hai para asumir todo este novo mundo da percusión, como se relaciona coa música en xeral, e non só o folk. Ao mellor pódese facer jazz, funk ou rock cun set de percusión tradicional. EncantarÃame ver un grupo de jazz con percusión, un baixista e un piano. Se conseguimos introducir estes elementos noutros tipos de música será un éxito".
Referentes
A falar da actual eclosión de propostas, DÃaz defende a necesidade de desenvolver proxectos que lle dean visibilidade a este patrimonio. "Cómpren este tipo de referentes para que a xente nas escolas teña tamén un espello no que se ollar e vexa que exista esta opción. No mundo da gaita de finais dos anos 80 e nos 90 saÃron moitas figuras que se fixeron iconas para os gaiteiros e gaiteiras que estaban a aprender e que querÃan tocar coma eles. Isto axuda a desenvolver a actividade de base e tamén permite crear públicos que nos retroalimentan. A xente que toca a pandeireta atopa tamén referentes musicais e poden gozar de concertos que teñen a súa actividade como protagonista". Con optimismo apunta que "en adiante imos ter máis presente que existen modelos propios de percusión que poden resolver moitas das propostas musicais que estamos a facer e que precisan de substratos de percusión poderosos. Con ollar para dentro, sen ir buscar noutros mares, hai abondo".