Un grupo de dez músicos. Unha grande presenza de voces femininas e un amplo abano de instrumentos tradicionais de percusión para interpretar temas coñecidos do noso repertorio popular. Para os non iniciados, a proposta de Xosé Lois Romero e Aliboria, que acaba de dar á luz o seu primeiro disco, non semella algo especialmente novidoso. No entanto, o proxecto nace cun espÃrito absolutamente renovador e quere chamar a transformar o xeito no que se concibe a percusión tradicional.
"Aliboria é un grupo de percusionistas novos dirixidos por min. O que facemos son arranxos actuais con percusión tradicional. Mesturamos a grande maiorÃa da percusión tradicional e popular que se mantén e facemos arranxos cunha mentalidade contemporánea, a crear novos recursos e técnicas", explica Xosé Lois Romero, capitán deste proxecto e un nome fundamental da nosa música de raÃz con participación en proxectos como Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza ou aCadaCanto. Alejandra Montero, MarÃa Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Cristina Sánchez, Ramón Dopico, Antonio Prado, Jorge GarcÃa e Cristina Pico, alumnos de percusión de Romero participan neste proxecto no que "tocamos bombos de xeito tradicional pero a incorporar técnicas novas. IncluÃmos pandeiro, pandeiras, latas, tixolas, tarrañolas, cunchas, piñas, triángulos ou charrascos. Cada un destes instrumentos ten unha sonoridade, uns recursos e unha linguaxe propia. O que facemos é combinalos ao xeito dos arranxos para un grupo ou unha orquestra. Cada instrumento colle unha función e mestúranse por capas, de xeito que funcionan moi ben xuntos", explica.
Reinterpretar clásicos
O primeiro álbum do conxunto, que sae co seu mesmo nome, propón un tour polas posibilidades que achega a súa perspectiva sobre a percusión para o noso patrimonio musical. Deste xeito, a formación apostou porque os nove temas cos que se estrean son versións de pezas amplamente coñecidas, con tÃtulos como OlvÃdameou Xota do Caroi. "A nosa intención inicial é facer arranxos novos para acompañar temas tradicionais. A maior parte dos que interpretamos son temas moi coñecidos, sobre todo no ámbito folclórico. No canto de pretender renovar o repertorio, o que facemos e tocalos cun envoltorio diferente", explica Romero. As pezas teñen cada unha o nome do lugar no que foron recollidas, e en varios casos mesturan diferentes temas nun só corte. "Son suites como as que se dan no repertorio dun serán, con tres ou catro ritmos", explica Romero. No proxecto colabora Alex TobÃas, do afamado grupo de percusión ibérica Coetus, "que se autoproclamou padriño do proxecto e alucinou co nivel que hai aquÃ". As voces e a percusión son protagonistas absolutas do traballo, que só nun tema incorpora o laúde de Mario Mas. "Centrarnos polos arranxos e no propio valor da percusión como elemento creativo e musical, sen outros instrumentos, é unha aposta moi forte pola nosa banda. Pero semella que a xente está a valorar o concepto".
Tralla
Canda á investigación da percusión, o proxecto ten detrás tamén a aposta por unha perspectiva diferente do folclore. "Queremos manter ese concepto de presión, de forza, de enerxÃa da música galega. Pola experiencia que temos é algo que impacta moito fóra. É como se a música tradicional estivese pensada para o exterior. Semella que se considerou potente de máis para ser comercial e niso non estou de acordo. Penso que o que lle dá a tralla e o poder telúrico que ten é esa base de voces e de percusión". Nese sentido recoñece que "o disco é un elemento para dicir que estás no mundo, pero o espazo natural de Aliboria é o directo".
Gravación
De feito, o álbum rexistrouse ao vivo nunhas sesións que se desenvolveron en xaneiro Casa Gasamáns, un establecemento rural "no que nos sentimos como en casa. Durante o dÃa faciamos as sesións de gravacións e á noite tocábamos ante un público reducido para manter esa enerxÃa e a comunicación". O propio feito de gravar ao vivo é para Romero parte fundamental do proxecto. "Rexistrar a percusión, e sobre todo a tradicional, que non está normalizada, é o máis difÃcil. Gravar este diso por pistas nun estudio serÃa trampear esta sonoridade", explica. "Ademais, a enerxÃa coa que tocamos é algo moi para fóra. Eu cada vez estou moi convencido de que hai que gravar ao vivo e recuperar esa emoción e enerxÃa".
I+D
A complicación desta aposta pódese entender mellor se temos en conta que implicou elaborar boa parte dos propios instrumentos. "Ao non teren técnicas especÃficas e empregárense con toques tradicionais, instrumentos como as pandeiras e os pandeiros elabóranse de xeito xenérico. Por exemplo, non hai pandeiras que se poidan afinar ben. E entón eu desenvolvÃn unha técnica para tocar o que eu querÃa e logo tiven que buscar unha pandeira que soase sempre como eu querÃa. Tes que conseguir que os instrumentos soen sempre como un quere e non como lles cadra. Entón apliquei un sistema de afinación que incha como un pneumático e pódese tensar e destensar no momento. Isto dá un son moi interesante e abre un mundo de posibilidades"
Logo de se presentar ao público no concertos dos Premios Opinión de Música de RaÃz, o grupo puxo á venda o seu primeiro traballo o pasado 27 de maio. O álbum conta cun coidado deseño que Romero asegura que "ha sorprender" e que inclúe ilustracións para achegarlle ao público este mundo. Comeza agora unha xira de presentacións que ha amosar ao vivo a potencia da nosa tradición. O vindeiro oito de xuño será a Etrad de Vigo a que acolla unha mostra ao vivo do traballo do conxunto. O dÃa 10 a actuación será en Sada, e o 17 a anfitriona será sala Malatesta de Compostela. O Miramar de Boiro, o dÃa 19, é a última presentación. confirmada polo momento.