O último dÃa de Terranova, de Manuel Rivas foi a obra que se fixo co premio de Narrativa nos galardóns da I Gala do Libro Galego, que se celebrou este sábado no Teatro Principal de Compostela. O xurado destacou "a súa complexa arquitectura, esixente, que recoñece o labor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante". oso, mamá, si?, pola súa banda, valÃalle a MarÃa Lado o recoñecemento na categorÃa de poesÃa, por méritos como "a unidade do poemario, vinculado á construción dun relato que une a tenrura ás condicións máis escuras do ser humano, transitando por un campo emocional moi diverso".
Os premios, que convocan por vez primeira de xeito conxunto as asociacións de editores, escritores e libreiros, recoñeceron tamén o volume PoesÃa Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas de varios autores como mellor traballo de narrativa, O meu pesadelo favorito de MarÃa Solar como obra máis destacada de literatura infantil e xuvenil e Xogando con gatos, de Antón Cortizas no ámbito do teatro. O mellor libro ilustrado foi Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas e o premio á tradución levouno Mocidade de Joseph Conrad, na versión de Alejandro Tobar.
No campo das propostas literarias en Internet impúxose o proxecto Poétic@, de Fran Alonso, mentres a iniciativa bibliográfica máis destacada foi Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa. Espazo Lectura foi considerada a mellor iniciativa de fomento da lectura e Sermos Galiza impúxose no campo do xornalismo cultural.
No acto as entidades convocantes outorgaron tamén os seus premios honorÃficos. Deste xeito, a Federación de LibrarÃas de Galicia entregou o seu galardón á LibrarÃa Pedreira, os editores recoñeceron o traballo da Editorial Laiovento e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeu o galardón Escritor Galego Universal ao catalán Pere Gimferrer.