Os libreiros entregaron os premios Irmandade do Libro

Espazo Lectura, Domingo Villar ou Rinoceronte Editora foron algúns dos galardoados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tal e como estaba anunciado, a Federación de Libreiros entregou o pasado sábado en Sarria os Premios Irmandade do Libro. No encontro, Luz Pozo Garza recibiu o galardón ao autor do ano. Ademais, déronse a coñecer os premiados nas outras categorías. Deste xeito, como mellor institución do pasado ano foi selecciónada a Asociación Cultural Monte Branco, mentres o traballo de Espazo de Lectura en Gondomar foi considerada a mellor iniciativa de fomento das letras. Como obra de 2009 resultou vencedora A praia dos afogados de Domingo Villar, o colexio San Martiño de Salcedo foi premiado na categoría de centros de ensino e a mellor libraría foi Porta da Vila, de Viveiro.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domingo Villar, Espazo Lectura, Rinoceronte Editora, Luz Pozo Garza...