A RAG recibe o premio Irmandade do Libro

Os libreiros entregaron os seus galardóns este sábado en Lalín

O mellor traballo institucional do ano foi, a teor da Federación de Libreiros de Galicia, o que realizou a Real Academia Galega. Os Premios Irmandade do Libro, que se entregaron este sábado en Lalín, recoñeceron tamén como libro do ano Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, mentres Gonzalo Navaza levou o galardón ao mellor autor. A Mitoloxía de Galiza, de Vítor Vaqueiro foi recoñecia como obra editorial 2011. A biblioteca Central Rialeda de Oleiros co seu traballo a prol da lectura, o CEIP Riomaior de Pontevedra na categoría de centros de ensino e a libraría Cartabón tamén foron galardoados.