A Federación de Libreiros desvelou nunha gala os galardoados cos premios Irmandade do Libro

Os irmáns do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Excepto o premio ao mellor autor, que desde días atrás xa se sabía outorgado a Agustín Fernández Paz, o resto dos galardóns desta duodécima edición dos Irmandade do Libro foron unha incógnita até a gala que tivo lugar o sábado á noite en Ferrol. A Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil, unha páxina web feita e mantida pola asociación Filix, recibiu o premio na modalidade de Medios de comunicación e novas tecnoloxías. O xurado tamén considerou ao libro de Evaristo Vázquez “A fouce, o hórreo e o prelo: Ánxel Casal ou o libro galego” (Ediciós do Castro) merecedor do premio ao Mellor libro galego do ano pasado. A Libraria Pedreira de Santiago recibiu o galardón que recoñece o mellor traballo libreiro e a Concellaría de Cultura de Pontevedra o que se outorga no apartado de Institucións. Entre os Centros de Ensino que optaban ao galardón nesa modalidade foi o CEIP Castrelo, de Cambados, o gañador, mentres que foron recoñecidos con accésits o CEIP Carrasqueira, de Coruxo-Vigo, e o CEIP A Rúa, de Cangas.

Máis información no Diario de Ferrol
Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil BLIX

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Ánxel Casal, Agustín Fernández Paz, Medios de comunicación...