Os libreiros entregan os premios “Irmandade do Libro” nunha cerimonia en Viveiro

A Irmandade repartida

Nunha cerimonia en Viveiro que reuniu aos membros da Federación de Libreiros de Galicia e a numerosos representantes da vida cultural e social entregáronse os quincuaxésimos premios “Irmandade do Libro”. O xornal Galicia Hoxe acadou o premio no apartado de Medios de Comunicación; a Asociación de Escritores en Lingua Galega foi a premiada como “Institución”; o premio ao Mellor Libro do ano levouno a “Enciclopedia da Bioética”, publicada pola Universidade de Santiago; o CEP Monteporreiro de Pontevedra resultou gañador do premio a Centros de Ensino, categoría na levaron un primeiro e segundo accésit respectivamente o CEIP Castrelo de Cambados e o CEP Riomaior de Vilaboa; a Libraría Gráficas Santiago, de Ribadeo, foia recoñecida co premio Libreiro do ano. No acto entregouse tamén o premio á Mellor Autor/a, que xa se coñecía que ía para Teresa Moure.

Máis información en Galicia Hoxe