Os premios Irmandade do Libro recoñecen a Rosa Aneiros e a Ouvirmos

A edición en galego do Ulises de Joyce foi galardoada como libro do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Betanzos acolleu o pasado sábado a gala de entrega dos premios Irmandade do Libro, que outorga a Federación de Libreiros de Galicia. Ao xa anunciado galardón a Chus Pato como mellor autora de 2013 sumáronse neste encontro os premios á versión en galego do Ulises de Joyce, editado por Galaxia que foi recoñecido como Libro do Ano. A editorial Ouvirmos levou o premio á mellor Obra Editorial pola colección Cociña infantil e familiar e Rosa Aneiros fíxose co premio na nova categoría Libro Infantil y Xuvenil pola triloxía Ámote Leo A.. No ámbito dos centros de ensino, os libreiros premiaron o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), no campo do fomento da lectura recoñeceron Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela e a tenda Ramón Cabanillas de Cambados foi considerada libraría de ano.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosa Aneiros, Ulises, Manuel Suárez, Ramón Cabanillas...