Chus Pato leva o premio Irmandade do Libro á mellor autora do ano

Os libreiros darán a coñecer o resto dos galardons na gala que se celebra mañá en Rianxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Federación de Libreiros de Galicia outorgoulle a Chus Pato o premio Irmandade do Libro ao autor ou á autora do ano na XXIII edición. O xurado do galardón recoñeceu "a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e calidade da súa obra poética, a súa proxección universal, as colaboracións en revistas especializadas, ademais do seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias". Rianxo acollerá mañá á noite a gala na que se darán a coñecer os gañadores nas outras seis categorías destes galardóns, as correspondentes a centros de ensino, librarías, fomento da lectura, libro do ano, libro infantil e xuvenil e mais obra editorial.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chus Pato, Rianxo, Federación de Libreiros de Galicia, Ensino

Claves

Protagonistas
Lugares