Diego Ameixeiras leva o premio dos libreiros á obra do ano

A Fundación Neira Vilas e a Libraría Aenea tamén foron galardoados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras fíxose co galardón a libro do ano nos premios Irmandade do Libro, que entregou o pasado sábado en Narón a Federación de Libreiros. O premio na Obra Editorial foi para a colección Di-Versos de Positivas, mentres a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, Galix, levou o galardón á mellor institución. A Fundación Neira Vilas, no apartado de fomento da lectura, e o IES Taboada Chivite, de Verín, escollido mellor centro de ensino, levaron cadanseus 2.000 euros nos únicos premios con dotación económica. Entre as librarías, a escolleita foi a compostelá Aenea. Estes galardóns súmase ao xa anunciado a Víctor F. Freixanes como autor do ano.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego Ameixeiras, Fundación Neira Vilas, Ensino, Narón...