Festina Lente é o libro do ano para os libreiros

Alvarellos levou o premio de mellor editor

30/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XVIII gala dos premios Irmandade do Libro, que entrega a Federación de Libreiros, reuniu a pasada noite do sábado unha ampla representación das nosas letras. O galardón á Obra do Ano foi para Festina Lente de Marcos Calveiro. Pola súa banda, a editora Alvarellos levou o premio á Obra Editorial, pola súa colección Rescate, mentres as Bibliotecas de Oleiros foron recoñecidas polo seu labor de fomento da lectura. O IES Blanco Amor de Ourense gañou entre os Centros de Ensino, a Asociación Cultural Rosalía de Castro na categoría de Institucións e a libraría Andel como mellor destes establecementos en 2008. Canda a estes, entregouse o Premio Irmandade do Libro, xa anunciado, a Xavier P. Docampo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Calveiro, Rosalía de Castro, Lectura, Bibliotecas...