Voltan ao Culturalab as Conversas das Culturas

A Casa do Saber de Lugo acolle este ciclo entre o 25 e o 28 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Voltan ao Culturalab as Conversas das Culturas

"Debater en torno á diversidade das culturas, así como reivindicar a aposta pola ecoloxía dos saberes". Este son os obxectivos do ciclo Conversas das Culturas, que organiza o Culturalab do Master de Servizos Culturais da USC. A Casa do Saber, en Lugo, acolle este encontro aberto ao público, que transcorrerá entre o 25 e o 28 de abril vindeiros. A autoxestión sociocultural e as políticas dos comúns, os aspectos máis emocionais e afectivos dos proxectos culturais, a ética da permacultura como filosofía para acadar unha cultura permanente ou o traballo do proxecto artístico o La rara troupe centrarán cadansúa mesa. Silvia Villar, activista cultural e co-coordinadora da Casa Colorida, representantes do coruñés Proxecto Carcere, a activista e artista Vanesa Castro e mais a doutora e responsable do Departamento de Educación e Acción Cultural do MUSAC Belén Sola protagonizarán as sesións.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Filosofía, Educación, USC

Claves

Entidades
Lugares