Política Lingüística lidera un proxecto sobre a diversidade cultural no Camiño de Santiago

Camiño das culturas e das linguas conta co apoio da Comisión Europea

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Unha rede europea de axentes culturais, congresos e encontros sobre as linguas e as culturas de Europa, unha exposición itinerante ou un portal sobre a historia cultural das rexións vencelladas ao Camiño de Santiago. Estas son as principais liñas de traballo do programa Camiño das culturas e das linguas. Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago que presentaba esta mañá Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. O seu departamento lidera este proxecto, que apoia a Comisión Europea e que conta cun orzamento de 353.000 euros. Diferentes colectivos de apoio á diversidade lingüística e cultural participan da iniciativa.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Política Lingüística, Comisión Europea, Anxo Lorenzo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares